A elipse.
Trazado a partir de diámetros conxugados.
A parábola.
A hipérbola.
Exercicios de repaso:
Elipse.
1) Constrúe un segmento AB que mida 54 mm. Sitúa o Foco F´ a unha distancia de 8 mm de B. Sendo AB o eixe maior da elipse determina o outro foco e o seu eixe menor.
2) Determina os eixes dunha elipse onde coñecemos os seus dous focos situados a unha distancia de 48 mm e un punto da elipse situado a 22mm de F e a 45mm de F´.
3) Traza unha elipse da que coñecemos un par dos seus diámetros conxugados, de lonxitudes 67 mm e 54 mm, sendo 75º o ángulo baixo o que se curtan.
4) Volve trazar a elipse empregando o método da caixa axonométrica.
Parábola.
1) Determina o Foco e o Vértice dunha parábola coñecendo un punto que pertence a mesma que dista 37 mm da directriz e 30 mm. do eixe.
Hipérbola
1) Dunha hipérbola equilátera coñecemos o eixe real onde están situados os seus dous vértices V e V´ a unha distancia de 5 cm. Determina as asíndotas e os focos da hipérbola.
2) Exercicio da proba da acceso a universidade dado a principio de curso. Opción B. Exercicio 1.
EXERCIOS de repaso sacados das probas de acceso a universidade.
Ejercicos de repaso de epvmanantiales
Intersección entre recta e elipse.
Intersección recta e parábola.
Intersección dunha recta cunha hipérbola.
Intersección entre recta e elipse.
Intersección recta e parábola.
Intersección dunha recta cunha hipérbola.
Ningún comentario:
Publicar un comentario