Buscar neste blog

luns, 17 de setembro de 2018

Introducción e construccións básicas.

Enlace.

20-9-2018.
Repaso do manexo da escuadra e o cartabón.

Realizar láminas da páxina 19 e 20 do pdf ao que remite o enlace.

Criterios de cualificación.

Criterios de cualificación. D T I


15%
Empregar o tempo facilitado na aula para facer as tarefas .
Trae o material en boas condicións  e de xeito regular.

45%
Exercicios e láminas.

40%
Proba específica de avaliación.


Para realizar as probas específicas de avaliación é responsabilidade do alumado traer o material necesario para realizar ditas probas. En caso de que carezan de dito material non será subministrado por ningún compañeiro ou profesor.

No caso de ter unha avaliación suspensa está poderá ser recuperada cun exame específico de avaliación que será puntuado cunha nota máxima de 7. Para poder presentarse a dito exame, é necesario ter entregados e feitos na súa totalidade un 80% dos traballos realizados na aula durante dita avaliación.

Escala do grao mínimo de consecución dos exercicios e láminas.

0%-25%
Traballo sen facer, incompleto na súa gran parte ou non entregado en data.
25%-40%
Traballo incompleto parcialmente o sen lograr os obxectivos principais do mesmo.
50%-60%
Traballo feito con erros non especialmente significativos.
60%-70%
Traballo correcto, pero con problemas de normalización, uso de liñas, sen nomear os elementos ou mal nomeados, corrección no trazado, …
80%
Traballo correcto con algunha pequena incorrección de normalización.
90%-100%
Traballo sobresaínte.

Os/as alumnos/as utilizarán o seguinte material: (páx. 235).
·      Escuadra, cartabón e regra.
·      Compás
·      Lapis ou portaminas. (HB e 2H)
·      Folios A-4 e A-3 (como soporte para a realización de exercicios, que ás veces tamén se realizarán en fotocopias subministradas polo profesor a modo de fichas)
·      Recursos infográficos.
·      Carpeta ou ficheiro para gardar o material.
Os materiais didácticos mais utilizados serán as fotocopias, tanto de apuntamentos como de  actividades prácticas.


Tamén serán utilizados medios audiovisuais (internet mediante portátil proxectado a través de canón).