Buscar neste blog

domingo, 29 de outubro de 2017

Inversión.

Definición.

Toda inversión depende dun punto chamado centro de inversión (O). Dous puntos alineados con dito centro son inversos ( A e A´) cando o produnto das súas distancias ao centro de inversión é unha cantidade constante ( k : potencia de inversión). Dito número será o mesmo para calquera punto que forme parte da mesma inversión.

K= OA. OA´

A potencia será positiva cando os puntos inversos se sitúen a un lado do centro de inversión.
A potencia será negativa cando o centro de inversión se sitúe no medio dos puntos inversos entre sí.

Imaxe.

O principal uso da inversión é a resolución de tanxencias.

Se dúas formas son tanxetes nun punto T a súas formas inversas serán tanxentes en T´, inverso de T.

A inversión manten as magnitudes dos ángulos. Se súas liñas se cortan formando un ángulo as súas rectas inversas formaran o mesmo ángulo.

Figuras dobles ou invariables na inversión.

- Unha recta que pase polo centro de inversión.
- Unha circunferencia de centro no centro de inversión e radio raíz cadrada de k.
- Circunferencia que pase a vez por dúas parellas de puntos inversos.


Inverso dun punto.

Coñecendo dous puntos inversos entre eles, o centro e un punto do que temos que obter o inverso.

Coñecendo o centro, un punto A e a razón k.

Fig 25.

Inverso dunha recta.

- Cando a recta pasa polo centro de inversión a súa inversa é ela mesma.

- Cando a recta non pasa polo centro de inversión.

Inverso dunha circunferencia.

- Cando no traxecto da circunferencia se sitúa o centro de inversión o seu inverso é unha recta.

- Cando o centro de inversión non pertence a circunferencia a súa inversa é outra circunferencia.

Exercicios.



xoves, 26 de outubro de 2017

Afinidade.

A afinidade é unha homoloxía cuxo vértice está ubicado no infinito ( punto impropio).

As parellas de puntos afines entre sí describen rectas paralelas. A dirección destas rectas paralelas é o que se denomina dirección de afinidade.

Carecen de rectas límite.

As formas afines poden estar colocadas a cada lado do eixe de afinidade ou nun único lado.

A simetría axial pode considerarse un caso particular de afinidade.



Exercicios.

sábado, 14 de outubro de 2017

Transformacións xeométricas.

Transformacións xeométricas no plano.

A) Isométricas.

A figura orixinal e a transformada conservan a forma e as medidas.

- Igualdade e identidade. Métodos.
- Traslación.
- Simetría. Central. Axial.
- Xiro.


B) Isomórficas.

A figura orixinal e a transformada manteñen as magnitudes dos seus ángulos e a lonxitude dos seus segmentos son proporcionais.

- Homotecia. Directa. Inversa. 
- Semellanza.
- Escalas.

C) Anamórficas.

A figura orixinal e a transformada non manteñen relaccións directas de medidas e ángulos.

- Equivalencia.
- Homoloxía.
- Afinidade.
- Inversión.

xoves, 28 de setembro de 2017

Curvas cónicas.

Enlace.

A elipse.
   
    Trazado a partir de diámetros conxugados.

A parábola.

A hipérbola.

Exercicios de repaso:

Elipse.

1) Constrúe un segmento AB que mida 54 mm. Sitúa o Foco F´ a unha distancia de 8 mm de B. Sendo AB o eixe maior da elipse determina o outro foco e o seu eixe menor.

2) Determina os eixes dunha elipse onde coñecemos os seus dous focos situados a unha distancia de 48 mm e un punto da elipse situado a 22mm de F e a 45mm de F´.

3) Traza unha elipse da que coñecemos un par dos seus diámetros conxugados, de lonxitudes 67 mm e 54 mm, sendo 75º o ángulo baixo o que se curtan.

4) Volve trazar a elipse empregando o método da caixa axonométrica.

Parábola.

1) Determina o Foco e o Vértice dunha parábola coñecendo un punto que pertence a mesma que dista 37 mm da directriz e 30 mm. do eixe.

Hipérbola

1) Dunha hipérbola equilátera coñecemos o eixe real onde están situados os seus dous vértices V e V´ a unha distancia de 5 cm. Determina as asíndotas e os focos da hipérbola.

2) Exercicio da proba da acceso a universidade dado a principio de curso. Opción B. Exercicio 1.

EXERCIOS de repaso sacados das probas de acceso a universidade.





Ejercicos de repaso de epvmanantiales


Intersección entre recta e elipse.





Intersección recta e parábola.






Intersección dunha recta cunha hipérbola.

sábado, 23 de setembro de 2017

Escalas.

Definición.

Enlace.

Escala gráfica.
Escala gráfica con contraescala.

A escala gráfica é unha regla onde representamos as divisións e subdivisións da escala que imos empregar. Permite aforrar tempo á hora de pasar as medidas ao debuxo.

1 Exercicio.
 Construe unha escala gráfica e contraescala de 5:1

Escala transversal o de décimas.

2 Exercicio:
Construe unha escala trasversal da escala 7:2

Triángulo uiversal de escalas.

Conversión de escala.

A representación numérica dunha escala pode cambiarse de fracción ordinaria a fracción decimal do seguinte xeito

E= 2:5
2/5= 0,4
Unidad de escala= 0,4
E=0,4

E ao contrario.

E= 0,5
E= 5/10
E= 1/2

Cuestionario.

Exercicio:

Dados alzado, planta e perfil dunha peza a escala 2:3, pídese debuxar a súa perspectiva isométrica a escala 2:1.

Imaxe.







martes, 19 de setembro de 2017

Equivalencia e repaso de polígonos.

Definición.

Consideracións xerais.

Exercicios:

1) Debuxa un rectángulo equivalente a un triángulo cuxos lados midan AB= 55mm. BC= 40mm e AC=70mm.

2) Debuxa un rectángulo cuxo lado maior mida 40 mm e o menor 23 mm. Posteriormente obten o cadrado equivalente.

3) Traza un cuadrilátero equivalente a un pentágono regular de 45 mm de lado.

4) Volve debuxar un pentágono a partir dunha circunferencia de 70 mm de diámetro e obten un triángulo equivalente ao mesmo.

5) Debuxa un triángulo equivalente a un hexágono de 35 mm. de lado.

6) Traza o cadrado equivalente a unha circunferencia de 70 mm de diámetro.

7) Traza un cadrado equivalente a un triángulo rectángulo que teña como cateto menor un dado de 30mm e como medida de ángulo oposto a dito cateto un ángulo de 30º.

8) Dado o lado dun triángulo AB=45 mm e sabendo que o seu incentro está a 30 mm do vértice A e a 25 mm do vértice B. Traza o cadrado equivalente a dito triángulo.

*Puntos notables dun triángulo.

9) Debuxa un triángulo equilatero de 50 mm de lado e divideo en partes equivalentes.

10) Debuxa un cadrado de 30 mm de lado e a continuación traza outros tres cadrados de dobre, triple e cuatriple área.





...



Máis exercicios sobre equivalencias.

luns, 18 de setembro de 2017

Arco capaz.

Definición.


Exercicios.

1) Arco capaz dun ángulo menor a 90º. (Alfa= 60º, segmento AB= 47mm).
2) Arco capaz dun ángulo maior de 90º. (Beta= 120º, segmento CD= 58mm).
3) Arco capaz dun ángulo recto. (Segmento LK=65mm).
4) Dados tres puntos A, B e C que non se encontran definindo unha liña recta encontra o punto onde visualizamos cada un dos extremos dos segmentos que definen os puntos baixo un ángulo de 45º.


Rectángulo áureo.

Definición.

O número de ouro.

Exemplo de aplicación do rectángulo áureo na arquitectura grega:
Imaxe templo grego.

Exemplo de utilización do rectángulo áureo en papelería:
Formatos DIN A-0 ...

Exercicios.

1) Construcción dun rectángulo áureo a partir do lado menor (35mm).
2) Construcción dun rectángulo áureo a partir do lado maior (50mm).
3) Construcción dunha espiral áurea a partir dun cadrado inicial de 10 cm de lado.




Curso 2017/2018.

domingo, 28 de maio de 2017

Sombras en sistema axonométrico e perspectiva cónica. Centro propio e impropio.

Axonométrco. Centro impropio, no infinito.


Axonométrco. Centro propio, concreto.



Perspectiva cónica. Centro impropio, no infinito.



Perspectiva cónica. Centro propio, concreto.



luns, 6 de marzo de 2017

Exame.




Repaso diédrico.

  1. Debuxa unha recta que conteña ao punto P.

        2. Debuxa un plano que conteña o punto P.


  1. Debuxa dúas rectas que interseccionen nese punto P.

  2. Traza posteriormente un plano que conteña a esas dúas rectas.
  3.  Dada a seguinte recta traza dous planos que a conteñan e que intersecionen en dita recta.

    6. Traza polo punto P unha recta paralela ao plano dado.

    7. Traza polo punto P unha recta perpendicular ao plano.



    8. Traza polo punto P unha recta de máxima inclinación (i) y máxima pendiente(p) do plano dado.

sábado, 18 de febreiro de 2017

Distancia entre un punto e unha recta.


  • Trazamos un plano auxiliar que conteña ao punto e que sexa perpendicular a recta.
  • Determinamos a intersección entre o plano e a recta.
  • A distancia en verdadeira magnitude do segmento PI é o resultado.



Traza un plano ( 45, 45º, 60º) e un punto P ( 80, 20, 30) e calcula a distancia en verdadeira magnitude entre ambos.

Distancia entre rectas paralelas.

Pasos:

  • Trazar un plano perpendicular as dúas rectas.
  • Determinar a intersección entre as rectas e o plano
  • Obter a verdadeira magnitude da distancia que hai entre os dous puntos obtidos.
Exercicio:

Obten a distancia en verdadeira magnitude entre a recta r definida polos puntos A (20,13,10) e B (25,20, 15) e outra paralela a esta que pasa polo punto P (35, 10, 10).

mércores, 15 de febreiro de 2017

Exercicios de repaso.

  1. Obtén a intersección da recta definida polos puntos A (2,4,1) e B (7,1,4) e o plano  (2, 45º, 60º).
  2. Representa unha recta que sexa paralela ao plano (15, 45º, 60º) e que pase polo punto P (19, -4, 6).
  3. Representa o plano que sexa paralelo a (13,45º,60º) e que conteña ao punto P (19, 3, -3).
  4. Obtén a distancia en verdadeira magnitude ente os planos paralelos (14,30º,45º) e (20, 30º, 45º).
  5. Traza unha recta r perpendicular a un plano (10, 150º, 120º) de xeito que r conteña ao punto P (4,5,2). Obtén o punto onde r corta ao plano.

luns, 13 de febreiro de 2017

Distancia entre un punto e un plano.



Pasos:

  1. Recta perpendicular ao plano alfa que pase por A.
  2. Intersección entre a recta perpendicular e o plano.
  3. Obter a distancia en verdadeira magnitude entre A e o punto de intersección I.

Intersección entre recta e plano.



Exercicio:


  1. Obten a intersección entre a recta definida polo puntos A (6, -3, 3) e B (4,1,1) e o plano (12, 15º0, 135º).
  2. Obten a intersección de la recta definida polos puntos A (2,4, 1) e B (7, 1, 4) có plano (2, 45º,60º)

domingo, 12 de febreiro de 2017

Distancia entre dous puntos.




Exercicio. 

Debuxa os seguintes puntos e calcula a verdadeira distancia entre ambos.

A (3, 2, 1) 
B (2, 3, 0)


sábado, 11 de febreiro de 2017

Posicións relativas entre planos.


  • O elemento común a dous planos é unha recta. 
  • Unha recta defínese coñecendo dous dos seus puntos. 
  • Estos puntos veñen dados polas interseccións entre as trazas dos planos. 
  • As intersección entre as dúas trazas verticais danos V2r e a intersección dentre as dúas trazas horizontais dos planos serve para obter H1r.
Exemplos:

- Plano oblicuo con plano horizontal.

- Plano oblicuo con plano vertical.

- Plano oblicuo con plano proxectante vertical.

- Intersección entre dous planos verticais.

Os planos paralelos son aqueles planos que teñen as súa trazas paralelas entre sí.


Un plano é perpendicular a outro cando contén unha recta perpendicular a dito plano. Unha recta é perpendicular a un plano cando a traza vertical do plano e perpendicular a r2 e traza horizontal do plano e perpendicular a r1.


Exercicios:

1) Obten a intersección dos seguintes planos dados. Alfa (1,30º,60º) e Beta (9, 105º, 135º).

2) Obten a recta intersección dos planos  (13, 90ª, 45º) e (22, 90º, 150º).

3) Obten a interesección entre os planos (13, 45º, 60º) e (infinito, -2, 4).

4) Traza el plano que contenga al punto P (18,1,2) y que sea paralelo a otro plano (23, 150º, 135º).




mércores, 8 de febreiro de 2017

Posicións relativas entre rectas.

1) Rectas que se cortan.


Debuxa dúas rectas que se corten no punto P (6,6,8).

2) Rectas que se cruzan.



3) Retas paralelas.






Traza unha recta r que pase polos puntos A (3,2,1) e B (5, 2, 7) e a continuación traza unha recta paralela a r que pase polo punto C (8, -4, 2).


4) Rectas perpendiculares.

Traza una recta oblicua cualquiera y a continuación una perpendicular a la misma.

mércores, 1 de febreiro de 2017

Vistas. Sistema diédrico.





Exercicio. Obten as vistas da seguinte peza en sistema europeo. 

  • A peza ten 3 cm de ancho por 2.5 de profundidade. 
  • A súa altura son 3 cm e cada escalón ten 1 cm dealtura con respecto a seguinte. 
  • Os dous máis altos teñen unha dimensión en planta 1 cm de ancho por 1,25 de profundide.





martes, 31 de xaneiro de 2017

Recta. Puntos de intersección cós bisectores.

Temos que localizar os puntos que pertencendo a recta teñen o mesmo valor na súa cota e no seu afastamento.

O máis sinxelo de obter é o punto de intersección có 2º bisector. É o punto onde interseccionan as súas proxeccións r1 e r2. Para obter o punto de interesección có primeiro bisector temos que facer unha liña auxiliar imitando ángulo que forma r1 ou r2 coa liña de terra.

Recta de máxima pendiente e de máxima inclinación.


luns, 30 de xaneiro de 2017

Exame.

1)                 A partires das proxeccións dun punto A (5, 20, 15) sitúa as proxeccións doutro punto B sete unidades a súa dereita con 5 unidades menos de cota e 10 menos de afastamento. Onde está situado o punto B. Razoa a resposta. (0.75 puntos) (20%= 0.15).



O punto B está ubicado no 1º cuadrante, concretamente nun punto do 1º bisector. Debido a que ten cota e afastamento positivos có mesmo valor numérico.

2)                 Determina as trazas dunha recta m que pasa polos puntos A (7,12,7) e B (16,4,15) Fai un estudo da súa visibilidade. (1,5 puntos)
(20% = 0.3).



3)                 Indica as características e propiedades comúns dunha recta frontal e outra vertical. Axúdate dun debuxo a man alzada para as túas explicacións. (1 punto) (20% = 0.2).


4)                 Traza unha recta frontal que pase polo punto P (5,5,5) e forme un ángulo de 30º có ángulo vertical de proxección . Determina a súa traza propia e punto de intersección có segundo bisector, indicando o cuadrante ao que pertence. (1,5 puntos) (20% = 0.3).


5)                   Determina as proxeccións dun punto que tendo unha cota de 3 unidades pertence a un

 plano (4, 45º, 60º). (1,25 puntos) (20% = 0.25).