Buscar neste blog

martes, 19 de setembro de 2017

Equivalencia e repaso de polígonos.

Definición.

Consideracións xerais.

Exercicios:

1) Debuxa un rectángulo equivalente a un triángulo cuxos lados midan AB= 55mm. BC= 40mm e AC=70mm.

2) Debuxa un rectángulo cuxo lado maior mida 40 mm e o menor 23 mm. Posteriormente obten o cadrado equivalente.

3) Traza un cuadrilátero equivalente a un pentágono regular de 45 mm de lado.

4) Volve debuxar un pentágono a partir dunha circunferencia de 70 mm de diámetro e obten un triángulo equivalente ao mesmo.

5) Debuxa un triángulo equivalente a un hexágono de 35 mm. de lado.

6) Traza o cadrado equivalente a unha circunferencia de 70 mm de diámetro.

7) Traza un cadrado equivalente a un triángulo rectángulo que teña como cateto menor un dado de 30mm e como medida de ángulo oposto a dito cateto un ángulo de 30º.

8) Dado o lado dun triángulo AB=45 mm e sabendo que o seu incentro está a 30 mm do vértice A e a 25 mm do vértice B. Traza o cadrado equivalente a dito triángulo.

*Puntos notables dun triángulo.

9) Debuxa un triángulo equilatero de 50 mm de lado e divideo en partes equivalentes.

10) Debuxa un cadrado de 30 mm de lado e a continuación traza outros tres cadrados de dobre, triple e cuatriple área.





...



Máis exercicios sobre equivalencias.

Ningún comentario:

Publicar un comentario