Buscar neste blog

xoves, 5 de xaneiro de 2017

Sistema diédrico.

Representación dun punto.


Todo punto en sistema diédrico ten tres coordenadas.

Lateralidade: A distancia do punto real ao  PP (plano de perfil). É a coordenada x.

Afastamento: A distancia do punto real ao PV (plano vertical). É a coordenada y.

Cota: A altura a que está situado o punto, distancia ao PH (plano horizontal). É a coordenada z.

Como se debuxa un punto en sistema diédrico ? 

1º) Necesitamos ter as tres coordenadas do punto P (x,y,z). Por exemplo P (3,5,7).

2º) Debuxamos unha liña de terra (liña horizontal longa con dous guións na parte inferior, un a esquerda e outro a dereita). A denominamos LT (liña de terra). A parte superior da liña representa PV e a inferior PH.

3ª) Trazamos un plano de perfil. Liña perpendicular a LT. Para definir o orixe da coordenada x. 

4ª) Soamente queda emplazar o punto. Medimos 3 unidades (+x) cara a dereita do PP e trazamos unha perpendicular, sobre esa perpendicular medimos 5 unidades (+y) cara a parte inferior. Nomeamos P1 ou P´. Finalmente medimos 7 unidades (+z) cara a parte superior. Nomeamos P2 ou
 P´´.

5º) Rematamos a representación coa proxección de perfil do punto ou P3- P´´´. Para esa 3ª proxección do puto sobre o plano de perfil, trazamos paralelas a LT por P1 e P2. Obtemos os puntos de intersección destas paralelas con PP. Dende a intersección da paralela P1 trazamos unha liña inclinada 45º  ( tamén podemos empregar o compás ) que corta a LT.  Dende ese punto trazamos unha vertical que intersecciona a paralela por P2 en P3.



Exercicio de puntos.

Debuxa as 3 proxeccións do seguinte punto A (2, 1, -5)

Ningún comentario:

Publicar un comentario